LOOP

LOOP é unha plataforma de participación cidadá

En LOOP pódense facer propuestas, votar en consultas cidadás, presentar proxectos de orzamentos participativos, decidir a normativa municipal e abrir debates para intercambiar opinións con outras personas.

Esta guía explica para que serven e como funcionan cada unha das seccións de LOOP.

Propostas

Na sección propostas cidadás podes formular propostas para que o Concello as leve a cabo. As propostas obteñen apoios e se alcanzan abondos sométense a votación cidadá. As propostas aprobadas nestas votacións cidadás son asumidas polo Concello e lévanse a cabo.

  • Para crear unha proposta hai que rexistrarse en LOOP. As propostas que conseguen o apoio na web do 1% da xente con dereito a voto (0 apoios de persoas maiores de 16 anos empadroadas) pasan a votación. Para apoiar propostas é necesario verificar a túa conta.
Botón para apoiar unha proposta
Botón para "apoiar" unha proposta.
Cando alcance o número de apoios pasará a votación.

Orzamentos participativos

ANTECEDENTES

Ao abeiro do artigo 69 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o Concello de Lugo pon en marcha, de xeito experimental con vocación de permanencia, o proxecto denominado Lugo Opina Orzamentos Participativos (en adiante LOOP), utilizando para iso un sistema informático propio do Concello de Lugo, coa finalidade de que a cidadanía tome a palabra, que decida como quere que sexan os orzamentos. Isto supón un avance, unha consolidación e un afondamento con respecto a outras experiencias municipais.

Os orzamentos participativos son un instrumento de política e á vez de xestión, a través dos cales as autoridades locais, xunto coa cidadanía, definen cómo e a qué se vai orientar unha parte dos recursos municipais, tendo en conta os obxectivos e as bases do devandito LOOP.

O programa LOOP de orzamentos participativos do Concello de Lugo trata de definir un espazo público local, no que as e os cidadáns empadroados neste Concello participan activamente para propoñer e definir as prioridades das e dos lucenses. Ademais de poñer en mans da poboación un mecanismo de participación e control sobre o uso que o goberno local fai dos fondos públicos.

FINALIDADE

LOOP é un proxecto de orzamentos participativos co que se pretende que a cidadanía tome a palabra, que decida como quere que sexan os orzamentos da súa cidade e achegue propostas para materializar as súas necesidades.

OBXECTIVOS DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

Este proceso de participación veciñal persegue tres obxectivos fundamentais:

  • Fomentar a participación da cidadanía en xeral a través dun exercicio público transparente, procurando a maior participación veciñal posible, que permita a vinculación activa das e dos lucenses co desenvolvemento local do seu municipio.
  • Promover que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e decisións, e que poida converterse en protagonista activa do que ocorre no seu municipio, tanto nas zonas urbanas coma nas rurais; afondando así na democracia participativa.
  • Mellorar a comunicación entre as autoridades locais e a cidadanía, xerando espazos, nos que achegar ideas que incentiven o consenso sobre a forma de como deben gastarse os recursos municipais, ao tempo que serve de instrumento para promover a solidariedade entre a cidadanía e os seus barrios.

QUEN PODE PARTICIPAR

  • Persoas vinculadas ó no Concello de Lugo sen límite de idade para a proposta de proxectos.
  • Persoas empadroadas no Concello de Lugo maiores de 14 anos para a votación de propostas.

AS PROPOSTAS

As/Os participantes poden presentarlle os seus proxectos e remitilos ao Concello de Lugo a través das seguintes canles:

  • Páxina web LOOP do Concello de Lugo.
  • Por Rexistro Xeral do Concello de Lugo. A ficha para presentalas pode descargarse dende aquí
  • Nas reunións que se levarán a cabo nos distintos barrios da cidade.

O Concello de Lugo poderá habilitar outros medios de participación en calquera das fases deste proceso para unha maior participación das e dos lucenses.

As e os veciños de Lugo a título individual ou a través de entidades poderán presentar as súas propostas enmarcadas en calquera das áreas contempladas. O orzamento máximo por proposta será de 15.000 €, e deberán referirse a gastos correntes como gastos de capital. Poderanse admitir propostas ata esgota-la partida orzamentaria disposta polo Concello para esta finalidade.

Para avaliar as propostas e determinar a viabilidade técnica e económica, estas serán remitidas aos servizos municipais competentes nas materias propostas, que emitirán o correspondente informe e validarán as propostas consideradas viables. Poderanse modificar estas para a súa adaptación técnica, xurídica e económica e así podelas levar a cabo.

Todas as propostas serán publicadas na páxina web do programa, e unha vez analizadas publicarase nesta o resultado das avaliacións.

Farase unha valoración dos orzamentos participativos, para, entre todas e todos, sentar unhas bases firmes nas que se sustente este proxecto LOOP. Nesta fase, valorarase o traballo realizado neste período, e con iso construír entre todas e todos o proxecto de Orzamentos Participativos do ano 2018.

A primeira fase do proxecto (presentación de propostas) terá unha duración non inferior a 15 días naturais e anunciarase o día de presentación dos LOOP.

VOTACIÓNS

Unha vez rematada a fase de avaliación das propostas, entrarase na fase de votacións dos proxectos tecnicamente viables.

O inicio desta fase, cunha duración mínima de 10 días naturais, anunciarase nas canles de comunicación do proxecto (redes sociais, páxina web, medios de comunicación...). Así mesmo, comunicaráselles a través do correo electrónico a todas e todos aqueles cidadáns inscritos no proceso de presentación de propostas.

As votacións realizaranse a través da aplicación habilitada polo Concello de Lugo para este fin. Só se permitirá un voto por persoa maior de 14 anos e censada en Lugo.

A elección das propostas producirase por numero de votos recibidos, en caso de empate, terase en conta a orde de recepción. En caso de que se produzan aforros ou baixas na execución dos proxectos, poderanse reasignar a propostas viables.

OBRIGAS DOS PARTICIPANTES

  • A participación neste proxecto implica a aceptación íntegra destas bases, que as propostas presentadas non conten para a súa realización con dereitos de terceiros ou afecten a estes, e a aceptación da posible publicidade dos datos das e dos participantes e das propostas.
  • A organización poderá introducir, se o cre necesario, as modificacións que estime convenientes para o mellor funcionamento do proxecto.
  • As entidades que presenten proxectos comprométense a participar na súa implantación.

Para máis información en relación coa actividade, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 010 do Concello de Lugo ou ou consultar as bases na páxina web do proxecto https://loop.lugo.gal o una páxina web do Concello de Lugo www.lugo.gal.

Descargas